O diario La Voz de Galicia vén de renovar a súa aplicación móbil para iOS e para Android, coa que buscan achegar unha experiencia de uso semellante á da súa páxina web, contando adicionalmente coa posibilidade de recibir notificacións en tempo real e gardar os contidos que máis interesen, aínda que as notificacións non poden personalizarse, polo que poden resultar terriblemente molestas (e as recibidas nas últimas horas levaban a páxinas de erro)
A aplicación permitirá que o usuario seleccione unha edición concreta do xornal, a información de actualidade dun concello determinado e o equipo favorito do usuario, para axilizar así o acceso aos seus contidos dun xeito personalizado, aínda que bastantes funcionalidades están limitadas a subscritores.
Realmente estamos ante unha versión reducida da páxina web de La Voz, con menos posibilidades, polo que os incentivos para a súa instalación son máis que discutibles, xa que a única vantaxe real sería o poder gardar os artigos favoritos, funcionalidade coa que contan todos os navegadores web móbiles dende os seus inicios.
La Voz de Galicia renova a súa aplicación móbil
Compartir Este Artigo
