Semella que coa proximidade dun novo curso os operadores de telecomunicacións non só están a lanzar novas ofertas en función dos contidos televisivos, senón que tamén buscan atender aos clientes que non queren contratar servizos de televisión con prezos moi axustados, e así temos agora como Lowi lanza por tempo limitado a súa tarifa Buena, Bonita, Barata de fibra con móbil, que por 34,95 euros/mes achega fibra óptica a 100 Mbps simétricos e móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos.
Esta promoción que estará vixente ata finais de outubro e poderá contratarse tanto por clientes novos como actuais, sendo compatible con outras vantaxes de Lowi como acumular os datos non consumidos ata o mes seguinte, poder compartir datos con outros clientes de Lowi e gozar de conectividade baixo a rede de Vodafone.
A fibra de Lowi ten un compromiso de permanencia de 3 meses.
Lowi estrea unha tarifa de fibra e móbil por 34,95 euros/mes
Compartir Este Artigo
