
O espazo TIC tamén dispón tamén dunha pantalla para proxeccións de 2×2, dunha impresora multifunción láser color con capacidade para imprimir 27 páxinas por minuto, un portátil docente e un punteiro láser. A previsión é de que a partir de setembro comecen a impartirse cursos informáticos na aula, co fin de facer avanzar a alfabetización dixital da veciñanza e a súa empregabilidade. Segundo informa o Concello, un dos obxectivos é conseguir que a aula teña carácter itinerante, ou sexa, que parte dos seus recursos tecnolóxicos e e formativos sexa trasladado periodicamente a outros centros públicos do termo municipal co fin de combater cos equipamentos máis avanzadas a chamada fenda dixital.
Ponte Caldelas estrea aula de informática
Compartir Este Artigo

