Un dos meirandes problemas de certas redes sociais é a toxicidade creada polos comentarios dalgunhas persoas, que con insultos, desprezos e outros tipos de abusos chegan a estragar o bo ambiente que desexan a meirande parte dos usuarios, e para evitar a este tipo de abusóns dende Instagram veñen de estrear unha intelixente función: a restrición.
Cando detectemos que un usuario realiza un comportamento abusivo, e non queiramos que envelene as nosas publicacións, en vez de simplemente borrar os seus comentarios podemos marcar a opción de Restrinxir para realizar o que comunmente se coñece como shadowban, ou sexa, un bloqueo oculto, de xeito que o usuario indesexado non verá como os seus comentarios non son públicos, e o usuarios que restrinxiu o acceso verá como os comentarios do abusón aparecen ocultos e pode desvelalos premendo sobre os mesmos. Amais, o usuario non recibirá notificacións das contas restrinxidas, e as mensaxes privadas pasarán a requirir autorización para ser entregadas. O usuarios restrinxido non poderá saber cando a súa vítima está activa en Instagram ou cando le as súas mensaxes, mantendo así un ambiente máis saudable e seguro.
Instagram permite restrinxir o impacto dos usuarios abusóns
Compartir Este Artigo
