Dende Facebook queren evitar que outras aplicacións conquisten o terreo que conseguiron abarcar nos últimos anos coas adquisicións de Instagram e WhatsApp, e por iso veñen de lanzar Threads de Instagram, unha aplicación para Android e iOS que está a espallarse globalmente (no momento de escribir estas liñas aínda non pode descargarse dende España) e que consiste nunha ferramenta de mensaxería na que a interface de entrada prioritaria é a cámara, e que busca a comunicación coas mellores amigos.
Temos así unha aplicación de mensaxería que recolle a linguaxe visual que fomos desenvolvemento nos últimos anos en aplicacións como Instagram, e que como forza quere aproveitar a listaxe de mellores amigos dos usuarios de Instagram, ou sexa, empregar unha esfera de comunicación próxima, para que os usuarios poidan definir a quen chega o que publica.
Con Threads de Instagram os momentos que compartamos amosaranse aos nosos mellores amigos (listaxe que podemos personalizar), podemos compartir fotografías e vídeos ao momento e incluso poderemos gozar dun novo xeito de comunicar o que estamos a facer, de xeito que cando non temos a posibilidade de tomar unha fotografía ou gravar un vídeo podemos tirar proveito do Auto Status, que consiste nunha simple descrición de texto acompañada por unha emoticona, de xeito que podemos dicir que estamos no coche, na casa, no traballo ou con batería baixa no móbil sen ter que crear un contido visual.
As mensaxes privadas que se remitan a través de Threads tamén estarán dispoñibles entre as mensaxes directas de Instagram.
Threads, a nova aplicación de Instagram para comunicarnos cos mellores amigos
Compartir Este Artigo
