Nos últimos anos as ferramentas achegadas por Facebook como resposta ante emerxencias para axudar a que as persoas poidan conectar e axudarse no transcurso dunha crise teñen sido de grande utilidade, xa que permiten confirmar que unha persoa está ben para tranquilizar a amigos e familiares, achegan información sobre a crise en cuestión, permite recadar cartos e incluso conta coa opción de ofrecer ou buscar axuda con recursos como comida, subministracións ou refuxio, e para levar estas funcionalidades a máis xente veñen de iniciar a súa expansión a WhatsApp.
Polo momento non achegan todas as funcións de resposta ante emerxencias a WhatsApp, senón que limítanse ás ofertas e solicitudes de axuda, que poderán concretarse a través de WhatsApp en vez de empregar Facebook Messenger, o que resulta moi de agradecer en territorios como a India ou mesmo España, onde o Messenger é unha ferramenta pouco empregada, mentres que WhatsApp é a killer application dos smartphones.
WhatsApp permitirá ofrecer axuda durante emerxencias
Compartir Este Artigo
