
Aínda que as Google Glass continúan a desenvolverse fóra dos focos, orientándose a un mercado profesional e non de consumo, as unidades orixinais que tanta atención captaron hai anos finalmente preparan a súa despedida, e dende Google anuncian a derradeira actualización das Glass Explorer Edition.
Esta actualización será definitiva, xa que, entre outras cousas, elimina a necesidade de utilizar unha conta de Google nas Glass, así como elimina a conexión do dispositivo cos servizos específicos de Google, no que poderiamos entender que é un xeito de liberar o trebello para que quen o posúa poida utilizalo con normalidade a partires do 25 de febreiro de 2020, que é a data na que abandonarase o soporte das Google Glass (ou sexa, que deixarán de funcionar nas mesmas as aplicacións como Gmail, YouTube ou Hangouts se non instalamos a última actualización).
Polo momento as Glass para empresa continuarán funcionando con normalidade, pero con esta actualización final das Glass Explorer Edition péchase un capítulo da historia de Google que moitos queren esquecer, por ser unha promesa incumprida que provocou desconfianza nos consumidores á hora de recibir tecnoloxías innovadoras.
As primieras Google Glass fixan a súa data de caducidade
Compartir Este Artigo
