Dende Facebook son conscientes de que hai moitos creadores de contidos que converteron as súas paixóns en formas de vida, polo que están a incorporar novos xeitos para que os creadores poidan colaborar con marcas en Instagram, aproveitando a ocasión para actualizar as normas sobre contido patrocinado.
Neste momento Facebook está a probar un novo xestor de contidos patrocinados para Instagram entre un grupo reducido de creadores e marcas, facilitando así que as marcas poidan consultar as estatísticas dos usuarios dun xeito fiable (non tendo que confiar nunha captura de pantalla), solucionando así o problema que supón a ocultación do número de gústames (que podería facerse definitiva a primeiros de 2020).
As novas ferramentas de xestión publicitaria terán un fondo impacto a longo prazo, pero de xeito inmediato o que temos son novas normas para o contido patrocinado, de xeito que incorporaron de xeito claro a prohibición de promocionar produtos e servizos relacionados co vapeo, o tabaco, o alcol e os suplementos dietéticos.
Cómpre detallar que o vapeo, o tabaco e as armas xa estaban vetados da publicidade, pero agora deixan claro que tampouco tolerarán este tipo de contidos entre os patrocinios, e tomarán medias activas contra este tipo de contidos nas vindeiras semanas.
No que se refire ao alcol e os suplementos dietéticos, a prohibición non será total, senón que ao longo do ano que vén contarán con ferramentas específicas que faciliten este tipo de contidos no caso de establecer restricións de idade.
Instagram prohibe o contido patrocinado de produtos de vapeo
Compartir Este Artigo
