O Portal das Palabras é un dos vehículos máis potentes que ten a Real Academia Galega para conectar coa sociedade galega, conseguindo que cada remate do ano teña bastante repercusión a súa botación para a elección da Palabra do Ano, que este ano sorprendeu coroando á palabra sentidiño, que co 51% dos votos conseguiu superar aos outro 5 termos finalistas.
A segunda palabra máis votada (20%) foi feminicidio, seguida por narcosubmarino (15%), quecemento global, ecocidio e negociación. Dende a Real Academia Galega destacan que entre os termos propostos abondaron as suxestións que reivindican a igualdade de xénero e a xestión sustentable dos recursos naturais, na liña doa acontecido o ano pasado, cando a palabra elixida foi deseucaliptización.
Os internautas elixen sentidiño como Palabra do Ano 2019
Compartir Este Artigo
