As Nosas é un novo xornal deportivo dixital que destaca por dar protagonismo ás mulleres e estar destinado ao público galego. Esta iniciativa, que podemos atopar na Rede baixo o dominio AsNosas.gal (con presenza tamén en Twitter, Facebook, Instagram e YouTube), está dirixida pola xornalista coruñesa Silvia Carregal, quen está acompañada por 3 redactores reforzados polos departamentos de deseño, fotografía, edición audiovisual e redacción de Ártabra Comunicación, empresa editora deste novo medio.
As Nosas quere dar unha visión de xénero que fomento na sociedade, así como converterse no xornal de referencia no deporte feminino en Galicia. Pretenden pór en valor as actividades que as mulleres fan na nosa comunidade para o que teñen tres ideas como piares: informar, visibilizar e apoderar.
Nace un xornal dixital sobre o deporte feminino galego
Compartir Este Artigo
