Dende Facebook levan bastante tempo querendo promover o uso de fotografías en 3D xeradas grazas á información de profundidade que xeran as cámaras dos móbiles con dobre cámara, o que inicialmente limitábase aos iPhone, logo abriuse aos móbiles de Samsung e paulatinamente foi chegando a máis terminais ata que agora sorprenden abandonando a súa principal esixencia, e deixando o traballo de cálculo de profundidade á intelixencia artificial, polo que incluso móbiles sen dobre cámara traseira poden gozar deste tipo de instantáneas que dan a impresión de ter volume cando as vemos en Facebook.
Temos así que agora a aplicación móbil de Facebook xa non precisa de fotografías capturadas co modo retrato para xerar fotografías en 3D, senón que podemos subir calquera imaxe dende Android ou iOS para que que unha rede neuronal as analice en poucos segundos e xere o mapa de profundidade preciso para que a imaxe dea a impresión de ter profundidade, reaccionando na pantalla do móbil en función da posición e a inclinación do noso terminal, que actuaría como unha fiestra a ese anaco de mundo que agora xa non se limita a fotografías actuais, xa que o efecto tridimensional pode usarse con vellas imaxes ou incluso obras de arte, con seguindo efectos bastante rechamantes.
Para conseguir este grande logro dende Facebook analizaron millóns de imaxes co seu respectivo mapa de profundidade, e tamén integraron tecnoloxía de recoñecemento de elementos arquitectónicos, o que axuda a construír un mapa do espazo retratado e así poder representar fielmente a súa profundidade sen precisar de cámaras especiais.
As fotografías 3D de Facebook xa non precisan do modo retrato
Compartir Este Artigo
