O operador de baixo custo de Movistar, O2, continúa a mellorar as súas tarifas para conseguir captar a novos clientes, e tras dobrar a velocidade da súa oferta combinada de fibra e móbil de 300 a 600 Mbps simétricos (mantendo o prezo de 50 euros/mes) sorprende agora cunha transformación da súa oferta de só fibra, que por 38 euros/mes incluía conexión fixa de 300 Mbps simétricos e liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos, incorporándolle liña móbil con chamadas ilimitadas e 5 GB de datos. Os usuarios que tivesen contratada a tarifa de fibra de 300 Mbps poden chamar ao servizo de atención ao clientes para engadir unha liña móbil sen mudar de prezo.
Temos así que O2 achega unha das tarifas máis agresivas do mercado con fibra, móbil e teléfono fixo, o que non impide que manteñan condicións como instalación de balde, carecer de compromiso de permanencia e utilización da infraestrutura de telecomunicacións de Movistar.
O2 sorprende ofrecendo fibra, móbil e fixo por 38 euros/mes
Compartir Este Artigo
