En 2008 Bill Gates dixo adeus a Microsoft, a compañía que creou en 1975 e da que deixaba de ter o control do seu día a día, cedendo tal responsabilidade a Steve Ballmer, aínda que mantendo un posto como asesor da compañía dentro do seu cadro directivo ata hoxe, cando finalmente Gates abandona as poucas responsabilidades que lle quedaban na compañía de Redmond para centrase nas actividades filantrópicas da fundación Bill & Melinda Gates.
Estamos ante unha partida basicamente simbólica, que para algúns marca o remate dunha era dentro de Microsoft, aínda que Gates xa abandonara a súa posición prominente no cadro de dirección en 2014, polo que a chegada deste momento era só cuestión de tempo.
Tanto o actual director xeral de Microsoft, Satya Nadella, como outros membros da directiva da empresa, recoñecen a importancia de Bill Gates na compañía, tanto polas súas contribucións directas como pola súa visión de conxunto que levou a Microsoft a onde está agora.
Bill Gates abandona definitivamente a directiva de Microsoft
Compartir Este Artigo
