As empresas compostelás Bolboreta Labs, Doutroxeito Coworking e Primate uniron forzas nun proxecto que pretende botar unha man para face fronte ao confinamento ofrecendo información actualizada e útil sobre servizos de primeira necesidade e coa maior proximidade posible, evitando así desprazamentos innecesarios e perigosos, e pondo en valor o esforzo que está a facer o pequeno comercio en tempos de pandemia.
O Comercio Teu chega así como un directorio en liña de negocios de proximidade con información sobre os seus servizos, horarios, localización, principios…. conseguindo que así teñan visibilidade, e permitindo que os consumidores poidan acudir a eles a tiro fixo, o é crucial no actual estado de alarma, pero que tamén pode resultar moi práctico unha vez superado este transo.
Polo momento O Comercio Teu limita o seu directorio a unha páxina web, pero en breve estará dispoñible tamén como aplicación móbil para iOS e para Android, facendo máis áxil a localización de establecementos próximos.
O Comercio Teu, nova guía do comercio de proximidade en Compostela
Compartir Este Artigo
