A finais de 2016 a Comisión Europea acordou as normas fiscais para apoiar o comercio electrónico na Unión Europea, incluíndo normas de tributación para libros electrónicos e xornais en liña, para que puidesen gozar dun tipo de IVE reducido, ao que o Goberno de España respondeu asegurando que adoptaría tal medida. Non sen tempo, coincidindo coa semana do Día do Libro e en pleno confinamento, finalmente apróbase a redución do IVE de libros, revistas e xornais electrónicos ao 4%, equiparándose ás edicións en papel, dentro dun Real Decreto Lei de medidas urxentes para apoiar á economía e ao emprego ante a crise causada polo COVID-19.
Esta medida que busca corrixir unha inxustiza histórica aprobouse en Consello de Ministros e anunciouse na súa convocatoria de prensa posterior, buscando claramente que o sector editorial e dos medios de comunicación, moi afectados pola actual conxuntura, teñan máis doado recuperarse, á vez que sitúa a todo un sector nun marco máis racional, no que un produto poida comercializarse en igualdade de condicións en función do seu soporte (dixital ou impreso).
As publicacións electrónicas pasan a ter un IVE do 4%
Compartir Este Artigo
