A aplicación que emerxe con máis forza para a realización de xuntanzas virtuais, Zoom, non parece verse moi afectada polas moitas incidencias ao redor da súa seguridade, e coincidindo co lanzamento da súa versión 5.0 anuncian ter superado os 300 millóns de usuarios diarios, o que é un grande salto dende os 200 millóns de usuarios que tiñan a primeiros de mes ou os 10 millóns que tiñan o pasado decembro.
Sobre os problemas de seguridade, Zoom 5.0 corrixe algúns detalles, como a incorporación dun mellor sistema de cifrado (AES 256-Bit GCM) que chegará inicialmente a empresas e que espallarase a totalidade de usuarios o 30 de maio; e tamén permitirá a posibilidade de denunciar a usuarios en tempo real cando se detecte que están a facer un uso impropio da plataforma (os intrusos en conversas alleas convertéronse nun serio problema para Zoom, o que levou a incorporación de numerosos cambios nas últimas semanas).
Zoom supera os 300 millóns de usuarios diarios
Compartir Este Artigo
