A programación de chíos en Twitter era unha prestación reservada para ferramentas como TweetDeck ou Hootsuite, pero nos últimos meses a versión web desta plataforma introduciu numerosas novidades que fan cada vez menos necesario o uso de solucións externas, de aí que agora na composición de novos chíos teñamos a opción de programalos, podendo elixir o día, a hora e a zona horaria na que queremos que aparezan, incorporando tamén unha ligazón para consultar os chíos que teñamos programados.
Cada vez son máis as funcións de Twitter que poderían considerarse como profesionais, como ver estatísticas dos chíos, xestionar múltiples contas, acceder ao Media Studio, realizar enquisas… en definitiva, que a plataforma busca manter aos usuarios na súa páxina web, o que resulta máis que comprensible, xa que en plataformas externas os usuarios non consumen a publicidade de Twitter.
A páxina web de Twitter por fin permite programar chíos
Compartir Este Artigo
