Unha vez ampliadas as posibilidades de Google Meet para os usuarios xenéricos de servizos de Google iniciouse a súa integración en Gmail, comezando pola súa versión web, e preparándose agora para chegar á aplicación de Gmail para Android e iOS, resultando así doado unirse a xuntanzas en vídeo directamente dende a nosa aplicación móbil de correo electrónico.
A aplicación de Gmail está a integrar unha ficha para Google Meet, na que podemos consultar as vindeiras xuntanzas programadas en Google Calendar, facilitando así a posibilidade de unirse ás xuntanzas cun simple toque. Os usuarios que consideren molesta a pestana de Meet poderán agochala dende o menú de configuración da aplicación.
Google Meet intégrase na aplicación móbil de Gmail
Compartir Este Artigo
