As compras a través de Instagram chegan a máis tipos de negocios, de xeito que a partir do 9 de xullo os creadores tamén poderán vender artigos promocionais en Instagram, así como moitos outros pequenos comerciantes e marcas, que poderán vender os seus produtos a través de etiquetas de compra, aínda que estas operacións deberán realizarse a través da web e non integradas na aplicación (función que polo momento está en probas para un limitado número de usuarios nos EE.UU.).
Con esta nova política as empresas deberán etiquetar os seus produtos en Instagram dende un único sitio web, que debe ser da súa propiedade e o lugar no que se venden ditos produtos, de xeito que os usuarios poidan ter una experiencia de compra coherente e fiable. Deste xeito as empresas que venden a través da Internet teñen unha nova canle comercial efectiva, o que tamén poderán aproveitar os creadores de contidos para facer medrar os seus negocios.
Esta nova opción non estará aberta sen condicións, senón que precisará dun procedemento de validación, buscando así que Instagram sexa unha plataforma comercial segura. Aínda que inicialmente aceptarán só a tendas en liña con dominio de seu, máis adiante tamén permitirán que empreguen esta funcionalidade as empresas que vendan directamente a través de Facebook.
Instagram amplía o programa de venda de produtos dende a súa aplicación
Compartir Este Artigo
