Microsoft está a preparar novidades para o seu servizo de almacenamento na nube, OneDrive, que van dende unha mellor integración en Microsoft Teams (de xeito que no control de acceso dos ficheiros teremos maiores opcións, como permitir que os documentos só estean dispoñibles para xente da nosa organización) ata un importante incremento no tamaño máximo dos ficheiros que podemos almacenar, que pasa dos 15 aos 100 GB, o que podería semellar excesivo, pero atende á demanda de profesionais do deseño 3D e tamén para profesionais do vídeo (aínda que pareza esaxerados, o vídeo en 4K e 8K disparou o tamaño dos arquivos, facendo moi complicado o seu almacenamento en liña).
Outra novidade que será bastante visible será a de poder empregar o modo escuro na páxina web de OneDrive, como tamén estaba nas versións para iOS e Android do servizo, buscando así evitar a fatiga visual e reducir o consumo de enerxía en equipos con certas tecnoloxías de pantalla.
OneDrive contará con modo escuro na súa versión web
Compartir Este Artigo
