O bloqueo comercial de EE.UU. a Huawei continúa a ter repercusións moi negativas e, aínda que a compañía chinesa é actualmente líder en volume de smartphones colocados ao mercado, a partir do 15 de setembro Huawei non poderá fabricar os seus procesadores Kirin, de xeito que pasaría a depender de procesadores de MediaTek, o que curiosamente está a preocupar a Qualcomm, o fabricante líder de procesadores para móbiles, que ve como as sancións estadounidenses en vez de protexer ás compañías norteamericanas están a colocalas fóra do mercado. De feito, aseguran que Qualcomm está a presionar á Casa Branca para que lles permitan vender procesadores para os smartphones 5G de Huawei, xa que de non facer tal estarían a provocar que Qualcomm facturase ata 8.000 millóns de dólares/ano a Huawei.
Lembremos que o bloqueo a Huawei aprobouse para evitar o uso de tecnoloxía de Huawei en infraestruturas de telecomunicacións, non para afectar aos seus negocios de electrónica de consumo. Curiosamente Huawei continúa a prover de xeito limitado tecnoloxía de infraestruturas de telefonía móbil nos EE.UU., mentres que os móbiles de Huawei están a ter moitos problemas a nivel mundial pola aplicación de limitacións carentes de xustificación, que agora confírmase que prexudican máis do que benefician ás empresas estadounidenses.
Huawei non poderá fabricar máis procesadores Kirin
Compartir Este Artigo
