Nun momento no que resulta crucial poder realizar trámites administrativos dende o fogar é preciso contar con certificados dixitais como o integrado no DNIe ou os que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) dende a súa páxina web, e precisamente esta última ferramenta está a solucionar unha das súas eivas históricas.
Un dos principais problemas para descargar un certificado da FNMT é que, dende hai anos, o soporte de navegadores web é moi deficiente, e ata hai pouco só podía facerse dende versións consideradas obsoletas, como é o Internet Explorer ou a versión 68 de Firefox. Pero esta limitación por fin pasa á historia, e a FNMT conta agora cunha aplicación dispoñible para Windows, macOS e Linux que permite obter un certificado para o seu uso en calquera navegador web moderno.
Unha ver solicitado o certificado é preciso acreditar a identidade do cidadán, trámite que habitualmente faise en oficinas da Seguridade Social e delegacións e administracións da Axencia Tributaria, tras o que podemos volver ao noso equipo informático para completar a descarga do certificado dixital que podemos instalar nos nosos navegadores web (de escritorio e móbiles) para interactuar principalmente coa Administración.
A FNMT por fin conta cunha aplicación para descargar os seus certificados dixitais
Compartir Este Artigo
