O uso de altofalantes de Google no fogar ten unha chea de posibilidades que fan cada vez máis flexible a reprodución musical, permitindo numerosas opcións sonoras multi-room sen facer un grande investimento, xa que o propio software de Google Home facilita a agrupación de altofalantes para poder gozar dunha especie de fío musical doméstico ou para poder emparellar altofalantes para conseguir son estéreo.
A posibilidade de agrupar altofalantes para que reproduzan contido de xeito simultáneo está a potenciarse, e tras a última actualización podemos gozar de control multi-room dinámico, ou sexa, que podemos agrupar altofalantes, pantallas conectadas e Chromecasts en tempo real, para escoitar música en todos os dispositivos que queiramos á vez, e para que esta experiencia sexa aínda máis completa, agora intégrase nas pantallas conectadas como o Google Nest Hub, que fai doado controlar a reprodución en varias estancias á vez podendo, por exemplo, mudar o volume global, ou de cada altofalante por separado na propia pantalla do dispositivo.
A interface de control multi-room comeza a chegar hoxe aos dispositivos Nest Hub, e no outono estará presente tamén na aplicación móbil de Google Home.
O Nest Hub estrea interface de control multi-room
Compartir Este Artigo
