O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, que nesta ocasión chama á solidariedade na comarca do Barbanza como reacción ante o impacto da COVID-19 durante os meses de verán.
O número 13 da revista O Barbanza tamén dá conta das festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal, do novo espazo de coworking na Pobra, da posta en funcionamento da plataforma de comercio electrónico Ribeira Store, da ampliación do prazo de presentación de propostas para o Emprende Lab Barbanza, do novo marketplace de Rianxo, da celebración da XIV Regata GADIS convocada polo Club Náutico e Deportivo de Ribeira, e da nova páxina web de CONGALSA para a venda de produtos saudables.
A revista pode atoparse en formato físico en numerosos locais da comarca, sendo tamén posible a súa consulta en liña.

