O número de outubro da edición impresa da revista O Barbanza do Grupo Código Cero aborda a situación do comercio local na comarca do Barbanza e a necesidade da súa transformación. A publicación pasa revista ás novas máis destacadas dos concellos da comarca e a potenciación da súa economía. As reportaxes complétanse con contidos sobre os maltratos e a fronte común contra a violencia de xénero.
As Letras Galegas, aprazadas en maio pola pandemia e a entrevista a Santiago Llovo sobre a obra que recolle o pasado de salgadura no Son, son outros dos contidos que recolle o número 14 da nosa revista mensual que cunha tirada de sete mil exemplares é repartido de balde nos concellos do Barbanza, accesible tamén a través da súa páxina web na que a diario mantemos o xornal de información comarcal que supera xa os 30.000 usuarios únicos, un éxito que ten continuidade tamén nas nosas redes sociais.
Novo número da revista O Barbanza
Compartir Este Artigo

