Pese a que as aplicacións deportivas para móbiles son das máis populares, non sempre conseguen os resultados que persegue, e a marca Under Armour está a anunciar que ao remate de 2020 porá fin ás operacións da aplicación Endomondo, unha das plataformas de seguimento de adestramentos máis popular a nivel mundial, medida coa que pretenderían trasladar aos seus usuarios a MapMyFitness, a outra plataforma de MyFitnessPal, a división de actividade física conectada de Under Armour, que curiosamente venderá a Francisco Partners. A operación de venda de MyFitnessPal tería un valor de 345 millóns de dólares.
Cómpre salientar que Under Armour é unha marca de accesorios deportivos, e aínda que conseguiu crear grandes comunidades de usuarios ao redor das súas plataformas móbiles (MyFitnessPal ten uns 200 millóns de usuarios), estas non son a cerna da súa actividade, que segue a ser a da venda de produtos físicos.
Os usuarios de Endomondo poden trasladar os seus datos a MapMyRun se queren conservalos, xa que a primeiros do ano que vén o servizo que pecha eliminará os datos de todos os seus usuarios de xeito definitivo.
Endomondo botará o peche a finais de ano
Compartir Este Artigo
