Durante a xornada de onte o grupo Alibaba, do que o seu principal expoñente no noso territorio é AliExpress, celebrou o 11.11 ou Día do Solteiro, unha xornada de rebaixas de grande impacto global, que ano tras ano non cesa de rachar marcas, e nesta ocasión conseguiu xerar 498,2 mil millóns de iuans (uns 64 mil millóns de euros) o que supón un incremento de facturación do 26% con respecto ao evento de 2019, pese á incerteza da situación económica global provocada pola pandemia.
Realmente a campaña do día 11 comeza xa o día 1, período no que procesaron a entrega de máis de 2.320 millóns de pedidos, e nos momentos de maior actividade Alibaba chegou a xestionar 583.000 pedidos por segundo, consolidando esta xornada de ofertas a un nivel comparable ao Black Friday ou ao Amazon Prime Day, aínda que cunha orientación diferente, xa que nesta ocasión é máis frecuente a compra dun grande volume de produtos económicos, mentres que os consumidores agardan moitas veces ao Black Friday para compras máis importantes, de aí que hai un grande contraste entre o volume de pedidos e as cantidades económicas que moven as distintas campañas de rebaixas.
A campaña comercial do 11.11 move preto de 64 mil millóns de euros
Compartir Este Artigo
