Para facilitar o desenvolvemento para equipos e dispositivos e Apple dende os servizos de computación na nube de Amazon están a engadir a posibilidade de contratar instancias de Mac, de xeito que os usuarios poden acceder a un contorno macOS en minutos, podendo escalar a instancia EC2 Mac ás súas necesidades e pagando unicamente polo sue uso.
Este servizo de Amazon bota a andar con equipos Mac mini con procesadores Intel Core i7 e coa posibilidade de elixir como sistema operativo macOS 10.14 ou 10.15, prevéndose a incorporación en breve do soporte para macOS 11.00 (Big Sur).
Amais, prevén que na primeira metade de 2021 sexa posible contratar instancias Amazon EC2 Mac baseadas en equipos Mac mini con procesador M1, o que é unha agradable sorpresa para desenvolvedores de aplicacións para macOS, iOS, iPadOS, tvOS, watchOS e Safari, que teñen así un atractivo xeito para crear software para estes sistemas sen ter que mercar un dos novos Mac mini só para iso (pagando pouco máis dun dólar por hora de uso, o que fai que sexa unha opción atractiva para traballos puntuais ou cando se precise de numerosas máquinas simultáneas).
Vídeo no que promocionan a incorporación de equipos Mac mini entre a oferta de instancias de AWS
