Google continúa a pechar servizos que non lle resultan rendibles, minando a confianza dos usuarios, que cada vez teñen máis claro que non se pode apostar a longo prazo por servizos de Google que non sexan de pagamento. Desta volta a páxina web de Google a través da que se compartían modelos 3D dende hai 3 anos, Poly, di adeus, advertindo aos usuarios de que non poderían cargar contidos a partir do 30 de abril, pechando definitivamente o servizo o 30 de xuño.
Os usuarios de Poly están a recibir comunicados advertindo da situación e instándoos a descargar os contidos que teñan almacenados, pero o peche de Poly ten máis consecuencias, xa que numerosas aplicacións empregaban esta plataforma como almacén de modelos 3D, como era o creador de xogos 3D de balde que Google publicou o ano pasado, que Google deixou á súa sorte a finais de 2019 (exemplo máis do pouco compromiso de Google coas súas iniciativas altruístas).
Poly, o almacén de modelos 3D de Google, bota o peche
Compartir Este Artigo
