Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Estratexia Galicia Dixital 2030 e ás axudas da Xunta para o rescate dos sectores máis afectados pola COVID-19. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Concello de Ames premia ao Grupo Código Cero Comunicación pola súa aposta polo galego
– O CITIC e ASPACE Coruña xuntan forzas a prol das tecnoloxías inclusivas e integradoras
– O escritor e enxeñeiro de Telecomunicacións Xavier Alcalá fala da transformación do sector editorial
– A confluencia entre TIC e galego centrou a XVI Xornada de Normalización Lingüística
– Convocada a nova edición dos Premios de Publicidade en Galego
– O CPEIG celebra a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– Máis de 170 persoas participan nas lanzadeiras de emprego de Telefónica
– Galician Skyway, co-impulsado por Gain e Boeing, achega novas solucións á xestión do tráfico aéreo compartido
– Os nosos concellos suman forzas para axudar ás empresas e á cidadanía con novos servizos TIC
– A UVigo e a Deputación organizaron unha xornada para derrubar desigualdades nas TIC
– Entrevistamos aos responsables de Toxo Telecom
– As nosas empresa achegan un novo menú de creatividade tecnolóxica exemplar
– Os Premios Youtubeiras entregan os galardóns da edición máis online e concorrida
