Nas últimas horas Twitter, tras restaurar a conta de Trump (suspendida temporalmente por instigar a invasión ao Capitolio) e ante as publicacións que fixo o presidente acto seguido, viuse na obriga de suspender permanentemente a conta @realDonaldTrump, eliminando así o principal altofalante do presidente para mobilizar aos seus partidarios, que tampouco terían en Parler unha alternativa, xa que no momento de escribir estas liñas a aplicación está caída, vai camiño de ser expulsada da App Store e xa foi expulsada da tenda de aplicacións de Google.
Pero a reacción de Trump ante a súa expulsión de Twitter non se fixo esperar e, unha vez máis, fíxoo vulnerando as normas da plataforma, xa que aproveitou a existencia da conta @POTUS (conta oficial da Presidencia dos EE.UU.) para chiar contra Twitter, ou sexa, utilizando unha conta alternativa para esquivar un veto, o que provocou unha rápida reacción de Twitter eliminando as publicacións en cuestión nas que podía lerse como Trump acusaba a Twitter de impedir a liberdade de expresión, de que empregados de Twitter coordináronse coa Esquerda Radical e os Demócratas para borrar a súa conta e silencialo e incluso ameazar cunha reforma lexislativa e insinuar que participará na creación dunha plataforma alternativa.
Dado que estamos a falar dun presidente saínte, que xa non conta co apoio do Partido Republicano, non parece que estas ameazas teñan peso, especialmente no que respecta á creación dunha plataforma que permita o que Trump chama liberdade de expresión, e sobre o que hai unanimidade de que non é tal, de aí que esteamos a ver como unha plataforma que ía na liña debuxada por Trump, Parler, ve agora como se lle pechan as portas, xa que os provedores de servizos da Sociedade da Información non queren ser cómplices de quen promove a violencia e o engano.
Suspenden permanentemente a conta de Trump en Twitter
Compartir Este Artigo
