
A primeira das liñas incluirá entre outros conceptos a posta en marcha dunha imaxe corporativa para os negocios adheridos á plataforma de comercio electrónico Ribeira Store, materializada a finais de agosto no marco do Plan Reactiva Ribeira co fin de axudar a “sobrelevar os efectos da pandemia entre o tecido económico do municipio”. Tamén está previsto proporcionar formación aos comerciantes adheridos.
Tokapp
A segunda liña prevé o desenvolvemento dun sistema de mensaxería baseado en Tokapp, unha aplicación móbil que está emprazada xa en máis de 4.000 institucións con máis de 3 millóns de usuarios, e que permitirá ao Concello emitir mensaxes de interese público para todo o comercio e manter informado ao sector de todas as actualizacións e informacións relevantes.
Así mesmo, posibilitará o lanzamento dunha campaña de dinamización e promoción que integre a posta en valor do comercio local cos recursos turísticos da marca Ribeira e, por outra parte, un plan de mercadotecnia dixital (xa en marcha) orientado a mellorar a visualización de Ribeira Store no ecosistema dixital.
Para facer efectivo o outorgamento desta axuda, o Concello procederá nos próximos días a subscribir co Ministerio e a Cámara de Comercio un convenio de participación da actuación de modernización comercial no comercio ao por menor.
A concesión desta axuda foi outorgada logo de participar o Concello de Ribeira dunha convocatoria pública destinada a co-financiar a realización de proxectos singulares orientados á modernización comercial conforme ao anuncio publicado no BOE o pasado 3 de setembro de 2020.
Ribeira recibe unha axuda do Goberno para avanzar na transformación tecnolóxica do seu comercio
Compartir Este Artigo
