Entre a pandemia e o bloqueo estadounidense a Huawei o mercado móbil en España mudou bastante nos últimos meses, sendo a compañía máis beneficiada Xiaomi, que consolida o seu liderado co 27% dos smartphones vendidos en España no último trimestre de 2020 segundo datos de Canalys, compañía que sitúa a Samsung moi preto co 26% de cota de mercado, mentres que Apple ten que conformase cun 18% das vendas, Huawei reduciu case á metade as súas vendas con respecto ao ano pasado quedando nun 10% e, finalmente, Oppo consegue medrar ata o 7%.
Cómpre salientar que a situación de Huawei podería ser bastante peor que a reflectida por Canalys, xa que hai fontes que apuntan a que o fabricante chinés tería en decembro só o 4,2% das vendas, contrastando coa posición que tiña antes do veto da Casa Branca, pois estaba a liderar as vendas no noso territorio.
Cómpre salientar que España conta cun mercado máis fragmentado que a media dos países da Europa occidental, onde Canalys sostén que Apple ten o 39% do mercado, Samsung o 30%, Xiaomi o 11%, Huawei o 7% e Oppo o 3%, e a nivel mundial Apple quedaría cun 23% do mercado, Samsung co 17%, Xiaomi co 12%, Oppo co 10%, Vivo co 9% e o 29% restante repartiríase entre moitos outros fabricantes. En calquera caso teriamos un mercado no que os fabricantes chineses están a dominar as vendas, mentres que grandes fabricantes como Apple e Samsung conseguen unha mellor saúde como compañías porque, aparte de manter unhas boas vendas, os seus móbiles apostan por prezos máis elevados, resultando difícil que cando un usuario vaia mercar un móbil de alta gama aposte por un fabricante chinés.
Xiaomi domina as vendas de móbiles en España ante a caída de Huawei
Compartir Este Artigo
