
Tamén poderán adquirir os coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) necesarias para manexarse eficazmente na xestión de datos e documentacións en xeral. En total, 25 horas lectivas que finalizarán o próximo día 18 deste mes.
Este novo programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental prolongarase ao longo de todo o ano 2021 e máis en concreto ata o 15 de novembro. O obxectivo mínimo marcado de inserción é do 45%. Esta acción de Compostela Monumental conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.
Arrinca o curso de ofimática avanzada de Compostela Monumental
Compartir Este Artigo
