O Goberno fixo balance dos procesos levados a cabo para mellorar o equipamento tecnolóxico da Garda Civil en Galicia. As cifras, relativas desta volta á provincia da Coruña, foron achegadas pola subdelegada do Goberno, María Rivas, quen destacou o subministro de 174 novas tabletas para os axentes. Fíxoo acompañada do coronel xefe da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina. “Este proxecto significa modernización e dixitalización, innovación e futuro, e sen dúbida facilitará o labor diario que fan os 1.778 homes e mulleres da Garda Civil na provincia”, engadiu Rivas.
O obxectivo, dixo, é “conseguir un mellor servizo á cidadanía”.
Grazas a estes dispositivos, “os axentes poderán actuar de forma máis rápida, empregando as tabletas para a realización de xestións e tamén para facer comprobacións en distintas bases de datos oficiais, ademais de facer ou recibir chamadas”, engadiu Rivas, poñendo o foco en que tamén “poderán verificar identidades, facer trámites relativos á violencia de xénero, como a existencia de ordes de afastamento, ou comprobar se unha persoa retirou o carné de conducir”. Estes trebellos, explicou, “son claves para asuntos como a loita fronte á violencia machista”.
Estas novas tabletas coinciden con dous obxectivos transversais do Goberno. Un é mellorar os servizos públicos e, en concreto, os máis afectados os recortes de persoal como é a Garda Civil. O outro, afrontar o reto demográfico e dinamizar o rural, un ámbito con especial transcendencia na actividade diaria do Instituto Armado, que está no 95% do territorio galego.
O Goberno equipa á Garda Civil da provincia da Coruña con 174 novas tabletas
Compartir Este Artigo

