Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo, Rede Aberta e Avatel levarán fibra óptica a máis de 137.000 familias do noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo, Rede Aberta e Avatel levarán fibra óptica a máis de 137.000 familias do noso rural

S. P.
Publicado: 24/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adamo_lugo-3.jpgA banda larga avanza no noso rural. Sen ir máis lonxe, a semana pasada o Ministerio de Economía (a través do Programa Único) anunciou un investimento público-privado de 17,5 millóns de euros para levar fibra óptica (FTTH, acrónimo en inglés de fibra ata o fogar) e Internet de alta velocidade a 137.177 familias do ámbito rural das catro provincias (36.556 na Coruña, despregadas pola empresa galega Vento Rede – Rede Aberta; 32.670 en Lugo, achegadas por Adamo; 45.635 en Ourense, da man de Avatel; e 22.316 en Pontevedra, tamén da man de Avatel).
No caso de Lugo, Adamo achegou un resumo da súa folla de ruta e lembrou que a fibra óptica estará dispoñible para preto de 33.000 familias antes de que remate 2024. Trátase de fogares e empresas localizadas sobre todo en zonas illas e dispersas da provincia que a día de hoxe contan cun sinal de baixo rendemento ou que, directamente, carecen de conexión. Segundo explica Adamo (que a nivel estatal levará o cableado a 312.000 vivendas en 17 provincias), recibirá 12,3 millóns de euros do Ministerio para formalizar a devandita despregadura, cantidade que completará con outros 5,2 millóns de capital privado ata alcanzar os 17,5 de orzamento total. O prazo para a instalación comezará unha vez que a resolución sexa firme e finalizará o 31 de decembro de 2024.
Segundo explicou Adamo no seu balance, os traballos marcarán un antes e un despois na vida desas 33.000 familias lucenses, “posto que pasarán a realizar con garantías, cunha conexión a Internet de calidade, actividades que hoxe resultan en grao sumo habitual: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras”. Iso, engade a operadora, “sitúa á fibra óptica como un elemento fundamental para fixar habitantes no territorio, como unha ferramenta imprescindible na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosos pobos lucenses”.
rede_aberta_comp9172web-2.jpgPolo que respecta a Rede Aberta e A Coruña, a operadora neutra galega levará a dita tecnoloxía a 36.556 fogares da Coruña, tras a adxudicación do programa Único Banda Larga 2022 do Goberno central (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital). “A resolución do Ministerio”, sinalaron fontes da operadora, “suporá un importante pulo para a nosa estratexia de conectar as zonas rurais con infraestruturas dixitais de moi alta capacidade, con velocidades superiores aos 100 Mbps”. A día de hoxe, a firma ten en marcha un plan de despregadura para chegar a 192.000 fogares en toda Galicia no bienio 2023-2024.
A adxudicación do Plan Único na Coruña suporá un investimento de 26,6 millóns de euros, dos que 13,3 están financiados polo Ministerio de Asuntos Económicos con fondos do Plan de Recuperación para lograr o obxectivo da Axenda Dixital 2026: que o 100% da poboación teña acceso a conexións dixitais superiores aos 100 Mbps.
As actuacións de Rede Aberta despregaranse en “zonas brancas” da provincia coruñesa, ou sexa, as que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?