Esta semana entraron en vigor as medidas de Netflix contra as contas compartidas en España, movemento que provocou toda unha crise de reputación para a compañía de Reed Hastings, ata o punto de que a semana pasada reaccionou cunha forte baixada de prezos en varios países latinoamericanos, e agora dan conta da mesma estratexia en países como Exipto, Iemen, Xordania, Libia, Irán, Quenia, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Malaisia, Indonesia, Vietnam, Tailandia e Filipinas, entre outros, farían o mesmo, de xeito que xa habería máis dun cento de territorios nos que Netflix tería reducido prezos para evitar a fuxida masiva de subscritores.
As rebaixas nas tarifas de Netflix chegan a mercados que poderiamos considerar menores, como tamén acontece cos países nos que ousan a establecer medidas contra as contas compartidas, polo que podemos ter a impresión de que están a facer un grande experimento a nivel global para así decidir os pasos que darán no seu principal mercado: os EE.UU.
Non podemos esquecer que Netflix é a primeira compañía de streaming en tomar medidas contra o uso de contas dende distintos fogares, mentres que o resto normalmente limítanse a controlar o número de pantallas simultáneas ou o número de dispositivos nos que se instala a aplicación, pero de conseguir que funcione este tipo de restrición do uso do servizo é bastante probable que os seus competidores avancen na mesma liña, como cando Netflix subiu prezos.
Netflix baixa de prezo en máis dun cento de territorios
Compartir Este Artigo
