O gobernador de Montana, Greg Gianforte, asinou unha orde de prohibición de TikTok no seu estado para protexer aos cidadáns do acceso aos seus datos persoais por parte do Partido Comunista Chinés converténdose no primeiro estado dos EE.UU. en tomar tal medida.
Gianforte asegura que «o uso de TikTok por parte do Partido Comunista Chinés para espiar aos estadounidenses, violar a súa privacidade e recoller os seus datos persoais e a súa información sensible está ben documentado», e leva a súa acción máis aló, estendéndoa a todas as aplicacións sociais que teñan ligazóns con adversarios estranxeiros, o que incluiría ás chinesas CapCut, Lemon8, Temu e WeChat, e incluso a Telegram, asegurando que tal aplicación é perigosa por terse fundado en Rusia.
Estas aplicacións pasarían a estar prohibidas para os traballadores públicos o vindeiro 1 de xuño, mentres que a prohibición faríase efectiva para os cidadáns de Montana o vindeiro 1 de xaneiro, aínda que cómpre salientar que a entrada en vigor da lei é practicamente imposible, se atendemos a que unha iniciativa semellante promovida Donald Trump mentres estaba na presidencia dos EE.UU. rematou rexeitada polos tribunais, o que levou a que Biden tivese que anular as ordes executivas. De feito, dende TikTok aseguran que tomarán medidas para que o veto non chegue a aplicarse por vulnerar a Primeira Emenda dos EE.UU. por considerarse que supón un acto de censura.
Montana quere prohibir TikTok, WeChat e mesmo Telegram
Compartir Este Artigo
