Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesorado do Campus de Ferrol traballa para integrar a IA no currículo de FP de toda Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesorado do Campus de Ferrol traballa para integrar a IA no currículo de FP de toda Europa

S. P.
Publicado: 28/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigador do Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña, Abraham Prieto García
O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigador do Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña, Abraham Prieto García
A Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial de Ferrol, debullou os detalles dun proxecto europeo Erasmus+ (AIM@VET) destinado a integrar os fundamentos da Intelixencia Artificial (IA) no currículo das escolas ou centros de Formación Profesional de toda Europa. O proxecto (polo seu nome estendido coñecido como Artificial Intelligence learning modules to adapt VET to the digital transformation of the labour market) está a ser coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigador do Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña, Abraham Prieto García.
Neste proxecto europeo participan persoas expertas en Intelixencia Artificial (IA) vinculadas á Universidade de Liubliana en Eslovenia, á Universidade da Coruña en España e á Universidade do Miño en Portugal. Do mesmo xeito, tamén colabora nesta iniciativa de innovación docente o profesorado e alumnado do centro de Formación Profesional de Velenje en Eslovenia, do Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e máis do centro de Formación Profesional de Caldas de Taipas de Portugal.
A proposta de plan de estudos que se está a deseñar de xeito conxunto entre as tres universidades e os tres centros de Formación Profesional europeos implicados distribúese en tres bloques nos que se traballarán contidos relacionados coa robótica, a visión artificial e coa intelixencia ambiental. A Universidade da Coruña e o Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol centran os seus esforzos no bloque de robótica. Así, o coordinador do Proxecto Europeo Erasmus+ AIM@VET, Abraham Prieto García, xunto con profesorado do Campus Industrial de Ferrol, bota man da aprendizaxe baseada en proxectos e convida ao persoal docente e ao alumnado do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e máis do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede deste centro formativo ferrolán a participar activamente na planificación, execución e avaliación deste proxecto europeo.
Ao remate do proxecto, previsto para xullo de 2025, a Universidade da Coruña entregará un currículo que inclúe unha serie guías dixitais dirixidas ao profesorado e ao alumnado de Formación Profesional nas que figurarán unha ducia de unidades didácticas que incluirán fundamentos conceptuais, propostas de actividades así como outro tipo de material de respaldo como poden ser arquivos de simulación ou cadernos de código aberto Jupyter.
O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do Programa Erasmus+ e conta cun orzamento de 400.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 93.000 euros para levar a cabo os traballos de coordinación, a elaboración e o testeo das unidades nos centros formativos así como a diseminación dos resultados e actividades no marco da comunidade educativa de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?