Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Manuel Balseiro debulla as vantaxes para as pemes da analítica de datos nunha nova xornada de hubNet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Manuel Balseiro debulla as vantaxes para as pemes da analítica de datos nunha nova xornada de hubNet

S. P.
Publicado: 29/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

hubnet_analitica_de_datos_balseiro_manuel.jpgA analítica de datos é unha aliada de enorme interese para optimizar a xestión das pemes e micropemes en diversos eidos. Así o asegurou este mércores 29 de novembro Manuel Balseiro, director da área TIC do Grupo Alvariño, no marco da conferencia Como aplicar a intelixencia do dato par a xestión das pemes dentro do ciclo Constrúe o teu futuro na era dixital da iniciativa dixital hubNET, liderada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Balseiro repasou o contexto tecnolóxico no que se moven actualmente os emprendedores e as pequenas e medianas empresas, que “teñen que adaptarse nun período de tempo moi curto ao salto desde a era pre-dixital, marcada polos soportes documentais fixos, o traballo manual e a análise de datos sinxelos; á era actual, a da Intelixencia Artificial e a Aprendizaxe Automática, caracterizada por unha análise de datos sen precedentes, onde a tecnoloxía dispoñible permite predicir tendencias, personalizar as experiencias dos clientes e optimizar as operacións, achegando ás empresas que integran estas ferramentas dixitais unha vantaxe competitiva clave”.
Balseiro apuntou que a Business Intelligence (BI), o conxunto de técnicas de xestión empresarial que permiten tomar decisións a partir da recompilación e o tratamento de datos diversos, é o presente, pero pronto será o pasado, “nun escenario de futuro marcado polo Business Analytics (BA), que implica o uso de ferramentas de análises de datos (minería, estatística, modelos preditivos,…) para reducir riscos de calquera negocio axudando á toma de decisións informadas”.
Segundo dixo, “a análise dos datos permite ás empresas tomar mellores decisións, unha accesibilidade de datos para todos os negocios, a resolución efectiva de problemas, a avaliación do rendemento e a mellora das estratexias de mercadotecnia e vendas, entre outras vantaxes”.
hubnet_analitica_datos_manuel_balseiro.jpgO director da área TIC do Grupo Alvariño, advertiu, con todo, das desvantaxes que afrontan as micropemes e pemes no aproveitamento destas tecnoloxías para a mellora da súa xestión. “A principal barreira”, comentou, “pasa pola escasa dixitalización, nun contexto no que só o 17% das pequenas e medianas empresas integraron con éxito as tecnoloxías dixitais no seu negocio”. Fronte a este dato, puntualizou, “as grandes empresas na maioría dos sectores alcanzan un nivel de dixitalización do 54%”.
Doutra banda, tamén apuntou que ningún sector de actividade alcanza o 10% de uso das tecnoloxías de analítica de datos. Neste sentido, apelou á necesidade dun cambio cultural, pero tamén culpou a responsabilidade de eivas básicas como a falta de ferramentas dixitais axeitadas, de estruturas para almacenar e manter os datos, ou prexuízos como a preocupación pola xeración de ingresos, ou a crenza de que se requiren coñecementos técnicos ou ferramentas complexas. Balseiro asegurou que todas estas barreiras poden salvarse desde as pequenas e medianas empresas.
O experto explicou a importancia que ten a Intelixencia Artificial na analítica de datos, con ámbitos de aplicación como a automatización de procesos e tarefas, a predición da demanda, a personalización da experiencia do cliente, a optimización da loxística, a mellora na toma de decisións ou a mellora na calidade de produtos e servizos.
Tamén puxo exemplos prácticos baseados en casos reais de pemes que explican como aplicar a analítica de datos á toma de decisións estratéxicas, a optimización de procesos internos, a planificación, a mercadotecnia ou a mellora da comprensión de que é o que está a demandar do cliente. Así mesmo, abordou ferramentas de referencia para a analítica de datos ao alcance das empresas, como Google Analytics, Grow, Powe BI, Qlik, Sisense, Minitab, Tableau ou Alterix.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?