Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA idea un proxecto de IA para mellor as condicións do sector cárnico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA idea un proxecto de IA para mellor as condicións do sector cárnico

S. P.
Publicado: 30/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meatwin_clusaga.jpgMellorar a planificación e produción do sector cárnico é o obxectivo do proxecto estratéxico MEATwin do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA). Esta iniciativa baséase na investigación industrial en diferentes tecnoloxías de Intelixencia Artificial (IA), modelado e analítica de procesos e datos e visión hiperespectral, para a súa posterior integración nun xemelgo dixital que sirva como ferramenta de planificación da produción nas empresas do sector cárnico.
Engadir que o proxecto MEATwin recibe financiamento da convocatoria 2023 de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) e, baixo a coordinación de CLUSAGA, conta para a súa execución cun consorcio composto por catro empresas tecnolóxicas (Norlean, TripleAlpha, Kaizen Institute e RIA 21), dous centros tecnolóxicos (ANFACO-CECOPESCA e Fundación Centro Tecnolóxico da Carne) e unha empresa alimentaria do sector cárnico (Jamones González).
En canto á finalidade deste proxecto estaría integrar tecnoloxías de recollida de datos e a sensórica e visualización de indicadores chave nunha ferramenta que permita facer un uso integrado delas. A gran aposta de MEATwin reside na implantación efectiva da ferramenta no sector por mor da flexibilidade da mesma. Así, grazas ao emprego dun xemelgo dixital baseado en IA, conseguirase unha solución transversal ao sector, que facilitará ás pemes o acceso a tecnoloxías dixitais de despregadura rápida e as dirixirá cara a máxima eficiencia dos seus procesos.
En resumo, MEATwin aborda a necesidade do sector cárnico de mellorar a planificación e produción mediante unha solución de dixitalización de custo asumible para as pemes, traducíndose isto nun impulso do sector ao permitir ás empresas tomar mellores e máis áxiles decisións nos seus procesos.
Alén de MEATwin, CLUSAGA está a coordinar co apoio da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food a execución doutros tres proxectos beneficiarios da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. VitIA 5.0, que pretende mellorar a produtividade e sustentabilidade do sector vitivinícola mediante a aplicación de IA, IoT e biotecnoloxía; IA40WASTE para promover a eficiencia dos procesos produtivos da industria alimentaria minorando as perdas de produción na etapa industrial; e DIG4.0VO, cuxo obxectivo é o sector avícola de posta, oriéntase a acadar unha cadea de valor eficiente e con garantías de benestar animal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?