Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra habilitou na súa web un sistema de información para denunciar infraccións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra habilitou na súa web un sistema de información para denunciar infraccións

S. P.
Publicado: 11/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_infraccions_web.jpgA Deputación de Pontevedra ten habilitado na súa web un sistema de información como canle preferente sobre accións constitutivas de infraccións ou corrupción. Así o deu a coñecer a deputada provincial María Ramallo no marco da xornada sobre a Lei 2/2023 de protección de persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción que organizou a institución provincial no Salón de Plenos do Pazo Provincial, en Pontevedra.
No encontro, de carácter práctico e no que se deron cita membros de corporacións locais e funcionarios dos concellos, a codirectora da Cátedra de Bo Goberno da UVigo, Concepción Campos, afondou no impacto local da citada lei e os profesores de Dereito Administrativo da USC Andrea Garrido e Marcos Almeida explicaron as medidas de protección e o sistema interno de información.
Este sistema, comentou Ramallo, “é un sistema aberto que temos implantado xa desde este verán e a través do cal é posible, tanto de xeito anónimo como nominativo, poñer en coñecemento accións ou condutas do persoal ou dos órganos da institución provincial que poidan constituír incumprimentos normativos, fraude ou calquera tipo de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave”.
Respecto da dita Lei 2/2023, explicou que a súa principal finalidade é a de protexer fronte a represalias a persoas que, nun contexto laboral ou profesional, detecten infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves e facilitar que poidan comunicalas mediante mecanismos regulados. Ademais, engadiu que “en cumprimento do establecido nesta lei, as entidades locais da provincia teñen a obriga de implantar unha canle interna de información, como a que ten en marcha a Deputación de Pontevedra, que cumpra coa súa finalidade e permita que as persoas físicas poidan informar sobre algunhas infraccións administrativas graves ou moi graves ou feitos delituosos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?