Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames organiza esta tempada de inverno-Nadal oito cursos formativos para rapaces e adultos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames organiza esta tempada de inverno-Nadal oito cursos formativos para rapaces e adultos

S. P.
Publicado: 11/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aula_cemi_ames_nadal.jpgA Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa en 2024 con seis cursos dirixidos á rapazada e dous cursos para adultos. Os contidos céntranse no manexo de ferramentas dixitais como o programa LibreOffice Writer ou na introdución á mecanografía, entre outros.
Os cursos da Aula CeMIT para estas últimas semanas do ano e os primeiros meses de 2024 abranguen contidos tanto para rapaces como para adultos, con contidos orientados tanto persoas que descoñecen o mundo da rede como para aqueles que busca mellorar o seu dominio das ferramentas dixitais.
Cursos para adultos
A primeira das formacións ofertadas pola aula CeMIT para adultos é Iniciación á Internet!, que se impartirá mércores e xoves de 10.00 a 12.00 horas desde o 16 de xaneiro ata o 14 de marzo. Este curso de iniciación, que ten un carácter presencial, parte do máis básico: aprenderanse conceptos como o manexo do rato e teclado, acender e apagar os equipos, xestión e traballo con sistema operativo para crear documentos. O que se busca con esta formación é que os alumnos lle perdan medo ao ordenador.
Nesta liña ofértase tamén o curso telemático Procesador de textos LibreOffice Writer-Dende a casa, que se desenvolverá luns e mércores de 16:30 a 18:00 desde o 15 de xaneiro ata o 21 de febreiro. Trátase dun curso de 18 horas a través de YouTube que servirá como introdución e chegará a un nivel medio no uso do uso deste procesador de textos. No temario destacan o formato de carácter, parágrafo e páxina; a inserción de toda clase de elementos (imaxes, formas, ligazóns, cadros de texto) e formato avanzado como a configuración de cabeceiras e rodapés, estilos, índices e campos automáticos, páxina de portada ou obxectos OLE. Para seguir este curso só será preciso matricularse e asistir ao directo en YouTube a través do ordenador. O luns pola mañá, antes do comezo de cada formación, enviarase por correo electrónico a información necesaria para acceder a cada unha das sesións.
Cursos para rapaces
Entre o 26 de decembro e o 2 de xaneiro haberá un curso de postais de Nadal, dirixido a nenos entre 5 e 7 anos. Impartirase os martes, de 10:30 a 12:00 horas, e estará centrado nos máis pequenos, co obxectivo de que coñezan o mundo da informática creando postais de Nadal co programa Paint.
Nesta mesma liña impartiranse outros dous cursos de Nadal para rapaces. O curso Postais de Nadal Pixelart, dirixido a nenos entre 8 e 10 anos, impartirase os mércores desde o 27 de decembro ata o 3 de xaneiro, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Nel aprenderán a facer debuxos de Nadal con programas Pixelart (debuxos de baixa resolución semellantes aos dos videoxogos clásicos). Ademais, empregaranse weapps, polo que non será preciso instalar nada no caso de que os rapaces queiran practicar na súa casa. Unha temática similar ten o curso Postais de Nadal animadas con Scratch, dirixido a rapaces de entre 10 e 14 anos, que se impartirá os xoves desde o 28 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de 10:00 a 12:00 horas. Nel aprenderán as bases para crear unha postal de Nadal animada, a modo de felicitación de ano novo.
Por outra banda, ofértanse dous cursos de mecanografía. Ámbolos dous se desenvolverán entre o 18 de xaneiro e o 21 de marzo. Para menores de 10 anos, impartirase os xoves , de 17:00 a 18:00 horas; mentres que para os maiores de 10 anos desenvolverase ese mesmo día en horario de 18:00 a 19:00 horas.
Ademais, ofértase un último curso de informática de nivel medio, dirixido a rapaces maiores de 9 anos. Impartirase os martes, desde o 16 de xaneiro ata o 19 de marzo, en horario de 17:15 a 18:45 horas. Nel os alumnos achegaranse ao uso avanzado do navegador web e a busca en Internet, ademais de introducir o manexo do correo electrónico, a busca na Wikipedia e o traballo en equipo na nube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?