Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña adxudica por 2,5 millóns as obras do edificio de Coruña Estudio Inmersivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña adxudica por 2,5 millóns as obras do edificio de Coruña Estudio Inmersivo

S. P.
Publicado: 14/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

recreacion_escenario_plato_virtual_cidade_das_tic_deputacion_coruna.jpgA Deputación da Coruña vén de adxudicar as obras de construción do edificio do escenario virtual Coruña Estudio Inmersivo (CEI) por un valor de 2.534.538,12 euros. As obras contan cun prazo de execución de 8 meses a partir do seu inicio, previsto para principios de 2024. O inicio das obras marcará o último paso para a posta en marcha do CEI, tras a adxudicación en agosto da tecnoloxía de vangarda do plató por 61, millóns.
A Deputación traballa para que Coruña Estudio Inmersivo (CEI) entre en funcionamento na Cidade das TIC a principios do outono de 2024. Neste senso, o presidente provincial, Valentín González, dixo que o proxecto “contará coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual para situar á provincia da Coruña como un polo de referencia neste eido, potenciando e mellorando a competitividade das empresas galegas do sector e atraendo a Galicia producións de cine, televisión ou videoxogos de toda Europa”.
O edificio vaise construír nunha parcela de 2.539 metros cadrados da Cidade das TIC da Coruña dentro da que se levantarán dous edificios interconectados; un primeiro bloque situado na parte leste da parcela onde estará o estudio audiovisual virtual e un segundo bloque na parte oeste, de 36,7×32 metros, que dará servizo ao escenario. O sistema escollido para a súa execución é a través dun sistema prefabricado de estrutura en formigón, o que permitirá que os prazos para rematar a obra sexan máis reducidos, de 8 meses.
O edificio quedará elevado sobre o terreo natural, medrando a súa altura cara á fachada sur, o que “permitirá ventilar o forxado da planta baixa, reducir a humidade, a condensación e, ademais, xerar unha barreira contra o radon”, explicou o presidente, engadindo que “isto tamén posibilita crear unha planta de soto na parte sur sen necesidade de escavar”.
Como eixo desta infraestrutura crearase un patio central que servirá como nexo de unión entre os dous bloques e en torno ao que se disporán dous espazos en forma de L vinculados ao escenario virtual, no que se disporán os diferentes usos: o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e de peiteados, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dúas de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso e conciliación, unha sala de instalacións, e un almacén.
Para a urbanización de toda a contorna proponse crear na parte norte un acceso con zonas de parterres e un espazo de descanso baixo arborado na zona sur, aproveitando o desnivel para “crear unha grada e un lugar de descanso xunto á zona pública do edificio e vinculado co patio”.
Para o deseño do edificio tamén se tiveron en conta criterios de sustentabilidade, explicou González Formoso, engadindo que as fachadas a sur están protexidas da radiación solar no verán, pero no inverno permiten que esta radiación incida sobre as carpinterías e axude a atemperar o interior. Inclúese o uso de cubertas vexetais con Sedum, plantas autóctonas que non necesitan de mantemento e que permiten a recuperación de auga, “implementando así un sistema de almacenamento e reciclaxe da auga da chuvia”, salientou a Deputación, destacando o emprego de paneis fotovoltaicos que permitan satisfacer ata un 80% da demanda de electricidade dos edificios.
Unha vez completadas as obras do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular de 28 metros de longo e 6 de alto e resolución 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran escenario de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.
O presidente provincial tamén salientou que a combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED coa que contará o escenario virtual “deberán posibilitar aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detalladas e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de Realidade Aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real”. A tecnoloxía vén proporcionada por Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?