Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Tech impulsa a ciberintelixencia para fortalecer a defensa dos clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Tech impulsa a ciberintelixencia para fortalecer a defensa dos clientes

S. P.
Publicado: 14/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

139194_telefonica-tech-blog.jpgTelefónica Tech segue a dar pasos relevantes no camiño de dotar ás empresas das ferramentas de ciberintelixencia máis avanzadas, garantindo que teñan unha postura proactiva fronte as ameazas. Neste senso, a compañía tecnolóxica lanzou un novo servizo integral de ciberintelixencia para fortalecer as defensa das grandes empresas en materia de ciberseguridade mediante unha identificación, comunicación e redución dos riscos de seguridade máis eficiente.
Segundo explica a empresa, o novo servizo de Telefónica Tech “proporciona orientación experta e unha intelixencia en tempo real que abrangue todos os niveis da análise das ciberameazas para que os responsables de seguridade das organizacións poidan anticiparse, detectar e defenderse dos riscos máis sofisticados”.
O servizo evolucionado de ciberintelixencia de Telefónica Tech forma parte dos servizos xestionados de NextDefense cos que a compañía garante a ciberresiliencia dos negocios e inclúe esta ampla gama de produtos en función do nivel de madurez das compañías e do perfil do profesional que a recibe: Intelixencia Táctica, Intelixencia Operativa e Intelixencia Estratéxica.
Telefónica Tech subministra o servizo de ciberintelixencia desde o seu Centro de Operacións Dixitais (DOC), que opera con dúas localizacións en España e Colombia, e onde profesionais de diversas nacionalidades e especializacións (analistas de ciberintelixencia, criminólogos, lingüistas, entre outros) achegan o seu coñecemento e experiencia na identificación, análise e mitigación de ameazas e incidentes.
A compañía tecnolóxica ten capacidade para procesar e xerar intelixencia de ameazas propia, pero tamén ten acceso a unha ampla variedade de fontes de intelixencia de ameazas, ferramentas e tecnoloxías para proporcionar avaliacións completas. Entre outros, Telefónica Tech é membro de Cyber Threat Alliance (CTA) e colabora coa Rede Nacional de SOC española (RNS).
A monitoraxe durante as 24 horas e todos os días da semana permite a Telefónica Tech “garantir que as ameazas se identifican e abordan en tempo real, ademais de crear solucións personalizadas adaptadas ás necesidades e perfís de risco de cada cliente”, explican fontes da empresa.
Pola súa banda, Alberto Sempere, director de Servizos, Innovación e Partnerships en Telefónica Tech, afirmou que “coñecer, comprender e perfilar aos ciberatacantes converteuse en algo esencial para que as organizacións poidan anticiparse e detectar ataques que non cobren as solucións defensivas tradicionais. O noso compromiso é proporcionar aos nosos clientes as solucións máis avanzadas e efectivas para protexer os seus datos e activos críticos. Co lanzamento deste novo servizo de ciberintelixencia de ameazas estamos a reforzar o noso compromiso de axudar ás empresas para contrarrestar as ameazas con confianza”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?