Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey presenta a nova plataforma InnovaRede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey presenta a nova plataforma InnovaRede

S. P.
Publicado: 14/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gain_innovarede.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou na Cidade da Cultura, este 14 de decembro a plataforma InnovaRede: Rede do ecosistema galego de innovación, que sería, nas súas palabras, “o primeiro punto de acceso ás capacidades de I+D+i de Galicia”. O obxectivo é dar visibilidade a estas capacidades e fomentar a conexión entre os axentes do ecosistema galego de I+D+i.
Segundo engadiu Argerey, esta nova ferramenta “nace para reforzar este ecosistema e seguir medrando a través da conexión das capacidades dos centros de coñecemento (centros tecnolóxicos, de investigación ou innovación, universidades e outros axentes de coñecemento) coas necesidades das empresas”. Tamén busca impulsar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica “dunha forma áxil, directa e aberta, para acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico, valorizar o coñecemento e que as pemes atopen os recursos e capacidades que precisan para innovar”.
InnovaRede nace con información de 35 axentes de I+D+i de Galicia e coa aspiración de seguir medrando. A plataforma recolle unha síntese de información priorizada de cada un deles sobre quen son, onde se atopan, como contactalos e a que se dedican. En total, a ferramenta inclúe 750 patentes, 3.700 publicacións e 3.500 proxectos, que representa o coñecemento de maior utilidade para as empresas.
O portal conta cun buscador na páxina de inicio que permite facer buscas en toda a información recompilada e categorizada en tecnoloxías de fácil comprensión, cadeas de valor, palabras chave e códigos UNESCO, para cada axente e liña de I+D+i.
Inclúe a maiores unha sección privada onde, dándose de alta, permite formular unha demanda tecnolóxica para a que non se atopou resposta nas descricións actuais de InnovaRede, á que se lle dará resposta consultando aos axentes ou dende a Administración. Por último, a web nace en tres linguas (galego, castelán e inglés) para facilitar a súa visibilidade fóra de Galicia.
Patricia Argerey avanzou tamén os seguintes pasos para que InnovaRede medre: convertela nun espazo para facilitar o uso compartido de infraestruturas e equipamentos científicos; crear o banco de patentes galegas e axudar a atopar a posibles usuarios ou explotadores; e ser un escaparate das oportunidades para traballar en Galicia no eido da I+D+i.
Argerey rematou convidando a todos os asistentes, máis de douscentos axentes do ecosistema galego de I+D+i, a usar a plataforma para fornecer o ecosistema e seguir medrando xuntos e agradeceu a participación de todos as persoas e centros de coñecemento que incorporaron información e fixeron achegas para mellorar a plataforma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?