Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Érguete e o Concello de Redondela levaron formación en tecnoloxías seguras a centos de escolares e familias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Érguete e o Concello de Redondela levaron formación en tecnoloxías seguras a centos de escolares e familias

S. P.
Publicado: 27/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

redondela_erguete.jpgO Concello de Redondela fixo balance da participación cidadá acadada este ano que remata nos obradoiros tecnolóxicos de Érguete. Segundo fixo saber, máis de 370 alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria participaron en proxectos realizados pola dita organización sobre saúde e uso de novas tecnoloxías. As actividades dirixidas a familias centráronse no establecemento de límites e na prevención de riscos e adicións o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). De cara ao próximo ano 2024 o Concello de Redondela manterá a colaboración con Érguete co fin de seguir traballando na formación e prevención de adicións.
No marco do programa de colaboración entre a asociación Érguete e o Concello de Redondela, ao longo deste ano 2023 leváronse a cabo diferentes proxectos destinados á infancia, adolescencia e familias.
O programa Saúde na escola, dirixido a estudantes de 6º de Primaria, celebrouse nos colexios Outeiro das Penas e Santa Mariña, cun cento de alumnos participantes e total. No caso do programa Non pasa nada, pasa algo?, o que participaron alumnos de 3º da ESO dos institutos Illa de San Simón e IES Chapela formáronse 114 rapaces e rapazas. O programa Comunidade en liña foi o que contou con máis participantes, cun total de 167 adolescentes de 6º de Primaria e 1º da ESO dos CEIP Quintela e Outeiro das Penas e do IES Chapela. Nesta actividade a rapazada aprendeu a xestionar o tempo que dedican ás novas tecnoloxías e o tipo de contido axeitado para eles. En total máis de 370 alumnos e alumnas participaron nestes programas desenvolvidos entre a asociación Érguete e o Concello de Redondela.
En canto ás actividades dirixidas ás familias celebráronse varias charlas destinadas a axudar a pais, nais e titores para aprender a poñer límites aos menores. O establecemento de límites e normas e un control sobre o uso que os adolescentes fan das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para evitar riscos foron algúns dos temas que se abordaron. No programa participaron familias dos colexios de Quintela, Outeiro das Penas e Santa Mariña, así como do IES Chapela. En total foron 156 familias participantes.
Desde o Concello de Redondela anuncian que este proxecto de colaboración continuará no próximo ano 2024. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a colaboración con este tipo de entidades “é fundamental” xa que fan un gran traballo “na sensibilización, formación e prevención das adicións”. Desde o Concello de Redondela “seguiremos na mesma liña o próximo ano con programas destinados á infancia, adolescencia e familias”, conclúe a alcaldesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?