Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña programa media ducia de cursos TIC para a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña programa media ducia de cursos TIC para a mocidade

S. P.
Publicado: 09/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

moza_muller_computador_ordenador.jpgCo inicio do novo ano, a Cámara e A Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral. Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral, que informa que os cursos foron elaborados “para responder ás necesidades reais das empresas”.
Na listaxe inclúense varias actividades formativas relacionadas coa transformación tecnolóxica: o curso de Excel e Power BI (de principiante a avanzado), que se desenvolve do 22 de xaneiro ao 22 de marzo; o curso de MOS (Microsoft Office Specialist), que se celebra do 29 de xaneiro ao 12 de abril; o de Deseño e desenvolvemento de videoxogos (do 29 de xaneiro ao 9 de abril), o de Visual Merchandising (do 19 de febreiro ao 25 de abril), o de Xestión de redes sociais, Canva e creación de fotos para redes (do 21 de febreiro ao 30 de abril), o de Deseño 3D (do 10 de abril ao 13 de xuño) e a segunda quenda do curso de Excel e Power BI (de principiante a avanzado, entre o 24 de abril e o 27 de xuño.
Podemos consultar todo o catálogo de formación en liña ao completo na web da Cámara, ademais de facer as nosas inscricións.
O programa de cursos enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), que é un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo para apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?