Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña achega formación de balde para a dixitalización dos negocios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña achega formación de balde para a dixitalización dos negocios

S. P.
Publicado: 11/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

webinars_acelera_peme_camara_coruna.jpgSerá nas vindeiras semanas cando teñan lugar varios webinars de balde da man da Oficina Acelera Peme para Kit Dixital da Cámara de Comercio da Coruña a través do seu servizo de asesoramento, información e acompañamento para a introdución de procesos dixitais. A finalidade destes seminarios é facilitar ás empresas ferramentas útiles para a súa aplicación nos procesos de dixitalización da súa actividade.
Asemade, a Cámara, que conta cunha ampla experiencia no apoio á transformación dixital das pemes, informa sobre fontes de financiamento asociadas á introdución do seu Plan de Dixitalización, salientando as axudas do programa Kit Dixital.
Deste xeito, o obxectivo principal da Oficina Acelera Peme para Kit Dixital da Cámara da Coruña é impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas da súa demarcación, incluídas as de nova creación, persoas autónomas e persoas emprendedoras, realizando un labor difusor e de acompañamento no seu desenvolvemento dixital. Amais disto, achega un servizo de asesoramento personalizado e acompañamento no seu esforzo de dixitalización que lles permita prepararse e dotarse dos recursos precisos para maximizar a produtividade e competitividade dos procesos de negocio, produción, desenvolvemento ou comercialización dos seus produtos ou servizos mediante o uso do TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).
Alén disto, o obxectivo xeral é contribuír á implantación do conxunto de solucións do Programa Kit Dixital como oferta de ferramentas chave no eido da dixitalización.
Cómpre engadir que con carácter mensual, tamén se realizan diversas actividades de difusión e sensibilización sobre as vantaxes da incorporación das TIC nos procesos de negocio.
Webinars
Kit Dixital: Como abordar a dixitalización do meu negocio– 11 de xaneiro
Sinatura electrónica: Todo o que precisas saber para dixitalizar o teu negocio co Kit Dixital– 25 de xaneiro
Kit Dixital: A importancia do plan de dixitalización para optimizar o teu financiamento– 8 de febreiro
Aspectos legais a ter en conta nun proxecto de dixitalización, empregues ou non o financiamento de Kit Dixital– 22 de febreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?