Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Nós mobiliza recursos lingüísticos, libres e intelixentes a prol do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Nós mobiliza recursos lingüísticos, libres e intelixentes a prol do galego

S. P.
Publicado: 11/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxecto_nos.jpgCo novo ano, o portal Mancomún fixo un balance do acadado ata o de agora polo Proxecto Nós, iniciativa impulsada para incrementar a presenza do galego no panorama actual da Intelixencia Artificial, posta en marcha pola Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago. Nós, lembra Mancomún, é un proxecto colaborativo que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega. Destaca tamén pola súa vontade de achegar recursos libres, lingüísticos e dixitais.
No balance tamén se recorda que o obxectivo central do proxecto “é promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade que serán postos, de xeito gratuíto e con licenzas libres, a disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego”.
O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela, a través de dúas entidades de investigación en Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da linguaxe: o ILG (Instituto da Lingua Galega) e o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes).
Características do proxecto Nós
O equipo investigador está a traballar nos subproxectos de que consta Nós, e que se corresponden con algunhas das grandes tarefas do Procesamento da Linguaxe Natural:
– Síntese de voz
– Recoñecemento da fala
– Sistemas de diálogo
– Corrección e avaliación lingüística automáticas
– Tradución automática
– Xeración automática de textos
– Extracción de información
– Verificación de información e minaría de opinións
En Mancomún valórase moi positivamente a adopción dentro do Proxecto Nós de licenzas libres, o que permitirá que recursos, ferramentas e ata casos de uso poidan ser mantidos pola comunidade de software libre e tamén polas empresas, “o que fará posible, tamén, que a comunidade galego-falante e galego-escribente poida realizar a súa vida diaria na sociedade dixital do século XXI”.
Recursos do proxecto
doagalego_proxecto_nos.jpg Parte destes recursos xa foron recopilados e publicados na web do proxecto.
En Mancomún destácase que un dos máis recentes e destacados foi AgasallaNós, cuxa campaña está a día de hoxe en marcha. O obxectivo de AgasallaNós é recoller voces a través de voluntarios, para enriquecer o recoñecemento de voz en galego. A iniciativa pretende rexistrar diferentes variedades fonéticas do galego para que as aplicacións baseadas no recoñecemento da fala sexan quen de identificar toda a riqueza da nosa lingua.
O obxectivo é recompilar máis de 1.000 horas de gravacións que representen diferentes idades, xéneros e variedades dialectais.
As colaboracións, que comezaron os días pasados no Concello de Porto do Son, cunha xeira de traballo na que participaron o alcalde Luis Oujo, ou o patrón maior da Confraría de Portosín, Isaac Gaciño, poden facerse a través da web doagalego.nos.gal, que emprega a plataforma doutro gran proxecto colaborativo como é Common Voice da Fundación Mozilla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?